Quen somos

Somos o Foro galego-portugués polo fomento do patrimonio cultural e ambiental nocturno

Dada a necesidade de establecer unha estratexia de defensa do noso patrimonio nocturno (natural, cultural e social), e no convencemento de que se debe realizar dende a acción coordinada e conxunta das persoas, colectivos, asociacións e institucións vencelladas á contaminación luminosa en Galicia; en febreiro de 2017 celebrouse a I Xuntanza sobre Contaminación Luminosa en Santiago de Compostela, froito da cal nace este Foro.

Somos afeccionados a astronomía, a ornitoloxía, somos amantes da natureza…e da cultura, vimos do ámbito universitario, pero tamén do ámbito da empresa privada, somos divulgadores científicos…e entre todos creamos e apoiamos este foro porque…

…Queremos unha noite que sexa noite, sen renunciar á luz artificial, mais mantendo a luz natural dos astros. Queremos unha paisaxe nocturna amigable, con luz artificial sí, pero amarela e iluminando o noso camiño entre rúas, mais nunca o ceo. Queremos unha noite que non consuma máis enerxía da que necesitamos…

E ti? Queres unha noite como a nosa? Se a resposta é sí!, apoia este proxecto. Podes comezar asinando este manifesto.

Enderezo de correo electrónico:

calidadedanoite@gmail.com

 

Forman este foro:

Colectivo en Transición Calidade do Ceo Nocturno

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Asociación Sirio de Pontevedra

Astrovigo

Agrupación Astronómica Rías Baixas

Clube Vega (Santiago de Compostela)

Asociación Drosera para o estudo e conservación do medio natural

Grupo Naturalista Hábitat

ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia)

SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía)

Wireless Galicia

Observer Turismo Científico

Salvador X. Bará. Profesor da Área de Óptica, Universidade de Santiago de Compostela.

Josefina F. Ling. Profesora del área de Astronomía y Astrofísica de la Universidad de Santiago de Compostela.

Raul C. Lima. Professor Adjunto, Física, Escola Superior de Saúde/Instituto Politécnico do Porto – ESS/Porto CITEUC – Centro de Investigação da Terra e do Espaço da Universidade de Coimbra

Dosi Veiga. Divulgador científico.

Julio Aragonés Martínez. Físico (Opticoelectrónico)

Marcos Pérez Maldonado . Director técnico da Casa das Ciencias da Coruña

Ana Ulla. Profesora titular área de Astronomía y Astrofísica. Departamento de Física Aplicada. Universidade de Vigo.

Ricardo Lago 

Raquel Campo

Juan Manuel Vázquez .Departamento de Música do I.E.S. Lama das Quendas, Chantada (Lugo)