Axenda de Eventos

Neste apartado, atoparedes información sobre as actividades nas que as diferentes asociacións promoven contido relacionado coa noite e a súa posta en valor.

ABRIL 2017


Seminário Segurança Rodoviária Ocupacional

Organiza: Escola Superior de Saúde. (P. Porto)

Data e Hora: 29 de abril de 2017 de 9h30 a 12h30

Lugar: Escola Superior da Saúde.

A xornada resérvase para estudantes e profesionais interesados pola temática. O obxectivo principal da xornada é a sensibilización para a adopción de comportamentos seguros na conducción profesional. Ás 10h30 o profesor Raúl C. Lima, membro de Calidade da Noite vai intervir  falando da “Iluminación pública e de exterior: o exceso e o desordeamento como potenciais factores de risco na seguridade rodoviaria.
+INFORMACIÓN

 

III Edición de Arquitectura con luz propia

Organiza: Calidade do Ceo

Data e hora: 19 de abril de 2017 ás 18h30

Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña

Arquitectura con luz propia quere ser un lugar onde os arquitectos profesionais e en formación podan discutir e aprender sobre o que se empeza a chamar cultura da luz e sobre a responsabilidade para con ela, que sen dúbida, constitúe un tema non o suficientemente debatido nin estimado. Son moitos os expertos que coinciden en indicar que o uso da luz asociado ao significado de progreso e riqueza tivo moito que ver no aumento incontrolado da contaminación luminosa. Ademáis, en tempo de crise, é a luz mal instalada que dilapida cartos a primeira en ser sacrificada. Cambiar esta visión e darlle á luz un valor que trascenda o económico empeza a ser un dos obxectivos de moitos expertos en luz e contaminación luminosa.

+INFORMACIÓN


Xornada Calidade do Ceo Nocturno na Facultade de Matemáticas da USC

Organiza: Calidade do Ceo

Data e hora: 20 de abril de 2017 ás 20h00

Lugar: Salón de Graos Facultade de Matemáticas

Un ano máis, con motivo do evento da Hora de Planeta, se realiza no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas unha xornada para reflexionar sobre o consumo responsable da iluminación nocturna e a problemática da contaminación luminosa en Galicia. Este ano, recuperamos o roteiro nocturno polo Campus Sur da USC. Aprenderemos a medir o brillo do ceo e tomaremos medidas en diferentes puntos.

+INFORMACIÓN

 


Obradoiro de Contaminación Luminosa

Organiza: Calidade do Ceo

Data e hora: 27 de abril de 2017 ás 20h30

Lugar: Aula 12 Escola Oficial de Idiomas de Vigo

Neste obradoiro falaremos de astronomía (identificación de estrelas e constelacións) e de como medir a contaminación luminosa contando estrelas e tamén doutros tipos de medida e da súa interpretació. Falaremos de proxectos internacionais e de como participar neles. Faremos diferentes xogos para aprender as causas e consecuencias da contaminación luminosa. Ao remate todos os asistentes serán capaces de recoñecer a contaminación luminosa, de medila e de saber de que forma hai que iluminar en cada momento para facelo correctamente.

O obradoiro é de balde pero convén inscribirse en calidadedoceo@gmail.com, en eoi.vigo.edl@gmail.com, conserxería do centro ou cubrindo o formulario a seguir:

+ INFORMACIÓN