Grande destaque á contaminación luminosa no xornal “Público”

Na edición do domingo 3 de setembro o xornal portugués Público dedicou doce páxinas á polución luminosa, cun longo artigo central de Raul C. Lima, baixo o lema xeral Poluição luminosa: Deixar a noite ser noite. Estas son as ligazóns aos textos publicados na edición online do xornal:

Deixar a noite ser noite

Efeitos da poluição luminosa

Dez candeeiros valem por dez polícias?

O que podem fazer municípios, associações e cidadãos

Onde ver um céu nocturno de qualidade

O primeiro paso para a Calidade da Noite en Galicia

Un artigo de Alberto Pereiras recolle as conclusións da I Xuntanza sobre Contaminación Luminosa en Galicia

Alberto Pereiras recolleu no artigo “La Hora del Planeta: que las farolas no nos impidan ver las estrellas” do pasado 23 de marzo na revista on-line elasombrario.com, a I Xuntanza sobre Contaminación Luminosa que deu orixe ao Foro galego-portugués polo fomento do patrimonio cultural e ambiental nocturno.
No artigo, para alén de informar sobre a creación da nosa rede de traballo, fixo un bo repaso ao estado actual da problemática da polución luminosa.