Manifesto

Texto galego | Texto português

En setembro de 2015 o Parlamento de Galicia aprobou a Declaración Institucional en Defensa do Ceo Nocturno. Este documento reflicte a vontade dos galegos de limitar os efectos prexudiciais da contaminación luminosa e protexer tanto a saúde dos cidadáns e dos ecosistemas nocturnos como o acceso ao ceo estrelado.

Dende a aprobación deste documento producíronse importantes novidades que obrigan a desenvolver os principios xerais asumidos nesa declaración. En particular é motivo de alarma o rapidísimo proceso de renovación da iluminación pública mediante lámpadas LED no que non se están a ter en conta as enormes diferenzas entre os LEDs máis antigos (de cor branca azulada con temperaturas arredor dos 4000 K) e os máis modernos (de aparencia cálida e temperaturas arredor dos 1800-2700 K).

A iluminación con LED de cor branca azulada resulta fría e desagradable e está a ser rexeitada por moitos veciños nos lugares nos que xa se instalou. Pero ademais, os últimos descubrimentos científicos apuntan potenciais efectos negativos sobre o equilibrio dos ecosistemas e mesmo a saúde humana. Tanto é así que a Asociación Médica Americana (AMA), o colectivo sanitario máis importante dos EE.UU. publicou a mediados de 2016 un amplo informe baixo o título “Efectos sobre humanos e o medio ambiente da iluminación pública con lámpadas LED”. Segundo recolle este informe:

    • “Estudos recentes de ampla base mostran que a iluminación nocturna intensa en áreas residenciais está asociada coa diminución do tempo de sono, a insatisfacción coa calidade do mesmo e a interrupcións durante a noite, somnolencia excesiva, deterioro da actividade diúrna e obesidade. Polo tanto, a iluminación LED de cor branco podería contribuír ao risco de enfermidades crónicas na veciñanza dos lugares onde foi instalada”.
    • “Estímase que a luz LED branca ten unha influencia na fisioloxía dos ritmos circadianos polo menos cinco veces máis intensa que a luz de sodio de alta presión”.

Ante a evidencia de que moitos concellos están licitando, coa mellor vontade, a renovación da infraestrutura de iluminación pública sen ter en conta os efectos adversos asociados ás lámpadas LED máis anticuadas, solicitamos que de xeito inmediato se incorporen a estes concursos as recomendacións baseadas nas últimas evidencias científicas, solicitando lámpadas de aparencia cálida con temperatura de cor non superior aos 2800 K a fin de garantir unha iluminación axeitada e agradable que ademais protexa o benestar dos cidadáns e a saúde do medio ambiente.

Promove e asina o manifesto:

Calidade da Noite, Foro galego-portugués polo fomento do patrimonio cultural e ambiental nocturno

Apoian o manifesto:

Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra | Agrupación Astronómica Coruñesa Ío | Astrovigo Asociación Astronómica de Vigo | Colectivo en Transición Calidade do Ceo Nocturno | Asociación Drosera para o estudo e conservación do medio natural | ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia | Divulgacción Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica | Wireless Galicia | Marcos Pérez Maldonado  Director técnico da Casa das Ciencias da Coruña | Salvador X. Bará  Profesor da Área de Óptica, Universidade de Santiago de Compostela| Josefina F. Ling Profesora del área de Astronomía y Astrofísica de la Universidad de Santiago de Compostela | Raul C. Lima Professor Adjunto, Física, Escola Superior de Saúde/Politécnico do Porto e CITEUC | Dosi Veiga Divulgador científico | Julio Aragonés Martínez Físico (Opticoelectrónico) | Beti López Psicóloga | Manuel Bragado Editor | Manuel Vicente Divulgador científico (Efervescencia) | Luis M. Martínez Neurocientífico. Instituto de Neurociencias de Alicante. CSIC-UMH | Xurxo Mariño Neurocientífico e Divulgador | Daniel Rodríguez Amante da natureza | Maite Vence Orbserver. Turismo Científico | Cibrán M. Arxibai Queiruga Profesor no IES Antón Losada Diéguez (A Estrada) | Alberto Pereiras Periodista | Beatriz Cedrón Vilar Funcionaria local | Mercedes Queixas Zas Profesora e escritora | Alejandro Ubeira Técnico de almacén | Juan Carlos Padín Abal Informática Salnes | Dores Sánchez Alegre Técnica de normalización lingüística | Begoña Duro Bibliotecaria escolar | Tiago Alves Costa Escritor | Ricardo Fuentes Amante de la astronomía y la Naturaleza | María J. Díaz Piñeiro Docente | Jorge Castro Ruso Bibliotecario | Alberto Cifuentes Torres Profesor de Ciencias Naturais (IES Auga da Laxe) | Sociedade Galega de Ornitoloxía | Paz Hermo Funcionaria Local en Arquivo e Biblioteca | Luz Lugrís Mestra | María Xosé Bravo Presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda | Cies.gal, Cultura e Natureza Atlántica | AELG, Asociación de Escritores en Lingua Galega | Antonio Gómez Lesta Técnico de laboratorio | Mario S. García Profesor | Jesús Pérez Bastos Presidente, Federación Gallega de Astronomía y Radioastronomía | Pedro Peralta Cineasta (Portugal) | Alexandra Cerveira Lima Arqueóloga | Juan Carlos Figueiras Ares Profesor de Ciencias| Pablo Álvarez Feijóo Arquitecto| Ana Vázquez Guía de Naturaleza (Alecrín actividades)| Santi Boado Aguinaga Historiador| Martin Pawley Crítico de cinema | Carlos Platas Seixas Habitante urbano e camiñante | Luis Cachafeiro Chamosa Docente IES, Profesor Asociado USC Didáctica da Matemática | Marta Cortacáns Cidadá | Joana Magalhaes Científica Biomédica e divulgadora científica | Manoel Xosé Pedreira Sánchez Cafetería Forum | António Martinho Baptista Arqueólogo, Director do Parque Arqueológico do Vale do Côa e Museu do Côa | Javier Martin Investigador independiente en las artes del movimiento, coreógrafo | Antón Lois Educador ambiental | Amigos da Terra Colectivo ecoloxista | Teixugo S. Coop Cooperativa de educación ambiental | Sandra Villar Giner Cidadá | Rosa María Fina Investigadora em IHC/FCSH-UNova e CLEPUL | Joana Barros Coordenadora, Associação Viver a Ciência | Ricardo Lima Reformado da Função Pública (Portugal) | Pedro Monteiro Professor, Escola Superior de Saúde, Instituto Politécnico Porto | Artemisa Rocha Dores Escola Superior de Saúde, P. Porto | João Félix Engenheiro Químico reformado | Mário Brochado Coelho Advogado | Sofia Messias Varge Gestäo de projetos, Reitoria da Universidade do Porto | Pedro Oliveira Professor universidade do Porto | José Varge Professor aposentado, Évora | Alejandro Sánchez de Miguel International Dark Sky Association | Paula Pereira Bibliotecária | Pedro Augusto Science Manager, Faculdade de Medicina da Universidade do Porto | André Fernandes Em nome individual |

Queres apoiar este manifesto?